A última fin de semana de xullo de 2018, celebramos en Marín o primeiro dos encontros dixitais da REGAI coas novas formas de comunicación: WordPress, Redes Sociais, imaxe…
A aula Cemit da biblioteca municipal foi o lugar elexido para poñernos ao día con estas ferramentas e facilitar o empoderamento da Directiva da Rede Galega pola Igualdade a través da formación interna do proxecto “Feminismo: Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro” (2ª fase), patrocinado pola Deputación de Pontevedra.
Unha formación que dende a REGAI consideramos fundamental, tanto a nivel persoal como para o traballo en equipo, co fin de conquerir un óptimo funcionamento da nosa organización.
Compartimos xantar nun restaurante cercano onde as ideas de cómo mellorar a vida das mulleres non pararon de fluctuar.
Ao remate do curso, todas nos fomos para casa coa sensación do traballo ben feito e con gañas de poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos.
Agradecemos a profesionalidade do profesorado e a súa disposición e paciencia para ensinarnos, será un pracer volver a compartir esta experiencia de novo.
Regai wordpress Marín