Foro: Construíndo feminismo autónomo

Unha actividade realizada no marco do proxecto “Feminismo: fotografía da realidade e deseño de camiños   de futuro”. Fase 2018.

Móvenos a necesidade de seguir traballando na liña de facilitar espazos feministas, comezada por GALEGAS 8M: vernos e recoñecernos polos nosos retos, ideas e traballo. Contar cun espazo aberto ao diálogo, a aprender e reflexionar xuntas.

Sabémonos autónomas de gobernos, partidos políticos, sindicatos, e de toda prácticas paternalista. Unha autonomía que tamén nos permite detectar e eliminar as incoherencias que a veces intentan instalarse dentro do propio movemento feminista.

Con este Foro de Debate pretendemos afianzar ese modelo de movemento libre e sen ataduras e manter vivo o espírito do 8M, para que a forza do colectivo medre e nos permita transformar a vida das mulleres.    

Información de interese:

As prazas son limitadas, formaliza a túa inscrición dende hoxe, 17 de maio, ata o 22 de xuño, cubrindo o seguinte formulario:

Aínda que a xornada será o sábado, cabe a posibilidade de chegar a Panxón a noite do venres para facer noite no CEE.

Compartimos o programa:

folleto nigran

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *