Cuntis, 13 de outubro de 2017.- “A muller é adiestrada para non chamar a atención. Por que somos vetadas nos espazos públicos?” Mellorar os recursos comunicativos para fortalecer a presenza das mulleres neses lugares é un dos obxectos de traballo do curso Claves para a comunicación oral desde a perspectiva de xénero, mulleres empoderadas, que dende hoxe se celebra na Casa da Cultura de Cuntis. A Rede Galega pola Igualdade é a promotora desta acción feminista, que conta co apoio da Deputación, da Sociedade Galega de Sexoloxía e dos concellos de Cuntis, Redondela e Poio.
A xornalista e escritora María Xosé Porteiro é a especialista encargada de impartir unha formación de carácter eminentemente práctico, na que as participantes están a aprender a combater o medo a falar en público, coñecerán os fundamentos da comunicación non verbal e participarán en varios coloquios.
A actividade, que forma parte do proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro continuará toda a fin de semana (ata as 14 horas do domingo).