A capacidade dun equipo para acadar obxectivos garda unha relación directa co aproveitamento das fortalezas de as persoas que forman parte dese grupo. A Rede Galega pola Igualdade puxo hoxe punto (e seguido) ao Proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro, que chegou ao remate da súa primeira fase cunha xornada de coaching en Redondela.
Da man da axente de igualdade e coach Susana Franco, as asistentes a esta iniciativa formativa constataron que a forza do traballo grupal está directamente vencellada á capacidade dos equipos para aproveitar as fortalezas das persoas que os integran.
Algunhas das cualidades da REGAI son:
Capacidade de traballo.
Alto compromiso social.
Paixón.
Creatividade.
Equilibrio.
Alta capacidade para transmitir ideas á sociedade.
Espírito crítico.
Empatía.
O obxectivo da asociación é, segundo explicou a súa presidenta, Carmen Cajide Hervés, dar continuidade ao proxecto tras os excelentes resultados desta primeira fase.