PLAN DE COMUNICACIÓN E O OBRADOIRO TÉCNICAS DE HABILIDADES COMUNICATIVAS

 

Un Plan de Comunicación. A idea deste obradoiro nace dunha necesidade.  Saber cómo e con qué recursos comunicativos contamos dentro da organización, para acadar o noso obxectivo. De nada serve elaborar unha mensaxe, se esta non chega a quén ten que chegar  e que as destinatarias entendan o que queremos transmitir.  Cada unha das nosas accións (accíón feminista) ten que conseguir provocar un cambio, influir e  beneficiar,  ás  mulleres, nosoutras e por ende á sociedade en xeral. Convertirnos en axentes de cambio precisa dunha guía ou folla de ruta que nolo permita.

Ánimadevos a participar,  enviando a vosa solicitude ao noso correo.

redegalegapolaigualdade@gmail.com

Colabora , 

 

 

DÍPTICO DA XORNADA MULLER, UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA


INVITACIÓN XORNADA FEMINISTA

PRESENTACIÓN

O vindeiro día 2 de Outubro a asociación REDE GALEGA POLA IGUALDADE (REGAI), organizará en Vigo unha xornada de debate, “ MULLER, UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA”, unha actividade con carácter divullgativo e de sensibilización que pretende analizar as novas leis de autodeterminación do sexo rexistral que pon en perigo os dereitos das mulleres e nenas basadas no seu sexo. Estas leis suprimen tamén os térmos “muller” e “nai” e teñen como horizonte o borrado total das mulleres nas leis, coas consecuencias en materia de protección legal que esto ten a todos os efectos.

A Eliminación do concepto “sexo” da documentación administrativa, ou a súa sustitución polo concepto “xenero” ten neste momento histórico, unhas derivadas perniciosas para os avances conseguidos polas mulleres. A nosa aspiración de compartir cos varóns un mundo libre de estereotipos e sexismo tambalease con propostas que pretenden ocultar as diferencias sexuales e as súas consecuencias, mentres reforzan o constructo cultural no que se basa a discriminación e desigualdade entre mulleres e homes. O exemplo do deporte feminino é paradigmático á hora de comprender qué tipos de dereitos quedan destrozados con esta propostas e non menos importantes que proponen estas lexislacións.

O feminismo combatemos ao sistema de xénero e se pregunta, Cómo é posible que se pretenda o seu recoñecemento legal como identidade?

Nosoutras coma feministas, non podemos permitir que o xénero se introduza nas leis coma unha identidade e que se protexa por riba da categoría sexo

O xénero non é unha identidade, o xénero é o conxunto de normas, estereotipos e roles impostos socialmente ás persoas en función do seu sexo. O xénero é un instrumento que favorece e perpetúa a situación de subordinación na que nos atopamos as mulleres.

.O sexo é a base da discriminación e da violencia contra as mulleres. Se sustituimos sexo por identidade de xénero que acontecerá coas políticas antidiscriminatorias, coas normas pola igualdade…qué pasará cos espazos protexidos que as mulleres conquistaron despois de anos de loita?

En definitiva, esta xornada ten como obxectivo xeral análise multidisciplinar das leis que pretenden sustituir o sexo polo xénero e as consecuencias que estas terán sobre os dereitos conquistados polas mulleres e que poñen en perigo a vida das nenas e dos nenos. Esta analise contará coa intervención de mulleres especialistas nas distintas disciplinas .

Obxectivos das xornada

  • Ofrecer un espazo, de encontro e de debate cun claro carácter multidisciplinar, así coma unha invitación á reflexión e discusión entre as distintas aréas do coñecemento implicadas no que interveñen especilistas nas distintas disciplinas.
  • Provocar un debate que permita coñecer as consecuencias prácticas de eliminar o sexo como categoría xurídica para ser reemplazado por un concepto que representa a xerarquía e a opresión que combate o feminismo.
  • Coñecer as consecuencias que terá sobre as menores e os menores en idades críticas tanto na súa saúde física como psíquica.
  • Actualizar los conocimientos en los procedimientos del ámbito sanitario especializado, educativo y psicológico, que mejoren el manejo de la intervención de los profesionales de forma intersectorial

Organiza

Rede Galega Pola Igualdade (REGAI) coa colaboración do departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra.

Data: Sábado 2 de Outubro do 2021

Lugar: Sala Rosalía de Castro na Deputación de Pontevedra en Vigo. Rúa Eduardo Chao, 17


En streaming na nosa canle de YouTube

PROGRAMA

10:00 h. Recepción de participantes.

10:30 h. Acto Inaugural por Eva Ventín Lorenzo, presidenta da REGAI

10:45 h. Ponencia Marco sobre o Borrado das Mulleres.

Ponente: Ángeles Álvarez Álvarez. Política e activista feminista. Ex deputada no Congreso de deputadas e deputados polo PSOE. Foi portavoz de igualdade e impulsou o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, aprobado por unanimidade no Congreso o 28 de setembro de 2017. E unha das integrantes da Alianza contra O borrado Das Mulleres.

Modera: Eva Ventín Lorenzo

11:35 h. Ponencia: Aspectos Legais e doutrinas Internacionais

Ponente: María Paz Filgueira Paz. Maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo..

Modera María José Gontad Ruibal.

12: 20 h. Descanso

12: 45 h. Ponencia: SOS das deportistas.

Ponente: Nuria Coronado Sopeña.

Xornalista. Conferenciante

e formadora en comunicación no sexista.

Autora de Mujeres de Frente, Hombres por la igualdad. Comunicar en Igualdad. Premio Atenea 2021

Modera: Uxía Alonso Monroy

13:30 h. Preguntas. Coloquio

14:00 h. Descanso

16: 05 h. Ponencia. Dereitos da infancia e das mulleres. Unha necesaria actualización diante das políticas identitarias.

Ponente: Laura Redondo Gutiérrez. Doctora en Psicoloxía. Activista feminista. Experta en Violenca e Igualdade. Autora de diferentes traballos científicos sobre a evaluación psicolóxica e forense, violencia sexual e a saúde das mulleres. Coautora do “Sexo en Disputa”.

Modera: Eva Ventín Lorenzo

16:50 h. Preguntas. Coloquio.

17:15 h. Clausura da Xornada

Breve Recital Poético coa autora Luisa Abad Abad.

Activista Feminista. Autora do libro de poemas Limaduras de prata. Especializada en coeducación

17:30 h Despedida

XORNADA MULLER, UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA

 

Esta xornada está organizada pola Rede Galega Pola Igualdade (REGAI) e se celebrará en Vigo o día 2 de Outubro, no salón de Actos “Rosalía de Castro” da Deputación de Pontevedra e versará sobre as leis identitarias e as súas consecuencias nefastas sobre as mulleres e as nenas. 

O feminismo ven denunciado que o xénero e un mandato xerárquico que se impón as mulleres. O xenero é un constructo social co que oprimir ás mulleres.

A teoría Queer impulsora das leis identitarias, negao e pasa a convertilo nalgo a protexer. Un rasgo da persoalidade que poides elixir e experimentar como algo bo e que o deretio ten que protexer. 

Aquí vos deixamos o diptico

 

 

 

Inscripcións xornada prostitución

As prazas para a xornada sobre prostitución son limitadas, formaliza a túa inscrición cubrindo o seguinte formulario:

Xornada de coaching: unha REGAI máis forte e coñecedora das súas capacidades

A capacidade dun equipo para acadar obxectivos garda unha relación directa co aproveitamento das fortalezas de as persoas que forman parte dese grupo. A Rede Galega pola Igualdade puxo hoxe punto (e seguido) ao Proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro, que chegou ao remate da súa primeira fase cunha xornada de coaching en Redondela.

Da man da axente de igualdade e coach Susana Franco, as asistentes a esta iniciativa formativa constataron que a forza do traballo grupal está directamente vencellada á capacidade dos equipos para aproveitar as fortalezas das persoas que os integran.

Algunhas das cualidades da REGAI son:

Capacidade de traballo.

Alto compromiso social.

Paixón.

Creatividade.

Equilibrio.

Alta capacidade para transmitir ideas á sociedade.

Espírito crítico.

Empatía.

O obxectivo da asociación é, segundo explicou a súa presidenta, Carmen Cajide Hervés, dar continuidade ao proxecto tras os excelentes resultados desta primeira fase.

Unha quincena de mulleres melloran as súas habilidades comunicativas cun curso da Rede Galega pola Igualdade

Cuntis, 14 de outubro de 2017.- A comunicación é unha ferramenta cun peso específico na loita polo empoderamento da muller. Por iso a Rede Galega pola Igualdade incorporou o curso Claves para a comunicación oral desde unha perspectiva de xénero nas actividades do proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro, un programa que conta co apoio da Deputación, da Sociedade Galega de Sexoloxía e dos concellos de Poio, Redondela e Cuntis.

A Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis alberga esta fin de semana esta actividade formativa, impartida pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro. Unhas quince mulleres participan neste curso, que esta mañá abordou técnicas para superar o medo, fundamentos de comunicación non verbal e recursos para construír un discurso. O obradoiro é eminentemente práctico e continuará pola tarde, en horario de 17 a 21 horas.

O curso rematará mañá, día no que se desenvolverá a última xornada formativa. O proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro regresará o día 28 cunha xornada de coaching en Redondela.

Mellorar a comunicación para reforzar a presenza da muller nos espazos públicos

Cuntis, 13 de outubro de 2017.- “A muller é adiestrada para non chamar a atención. Por que somos vetadas nos espazos públicos?” Mellorar os recursos comunicativos para fortalecer a presenza das mulleres neses lugares é un dos obxectos de traballo do curso Claves para a comunicación oral desde a perspectiva de xénero, mulleres empoderadas, que dende hoxe se celebra na Casa da Cultura de Cuntis. A Rede Galega pola Igualdade é a promotora desta acción feminista, que conta co apoio da Deputación, da Sociedade Galega de Sexoloxía e dos concellos de Cuntis, Redondela e Poio.

A xornalista e escritora María Xosé Porteiro é a especialista encargada de impartir unha formación de carácter eminentemente práctico, na que as participantes están a aprender a combater o medo a falar en público, coñecerán os fundamentos da comunicación non verbal e participarán en varios coloquios.

A actividade, que forma parte do proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro continuará toda a fin de semana (ata as 14 horas do domingo).

Mellorar a coordinación para chegar ás “mulleres silenciadas”, clave do combate contra as violencias machistas

Profesionais do mundo da saúde, da psicología e de agrupacións especializadas en atención ás vítimas das violencias machistas abriron esta mañá a xornada Intervención contra as violencias machistas: un enfoque multidisciplinar, organizada pola Rede Galega de Igualdade no marco do proxecto Fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro.

Asistentes á xornada multidisciplinar sobre violencia machista. Ao fondo, vista da primeira das mesas de debate.

As intervencións puxeron sobre a mesa a escasa percepción que as vítimas das violencias machistas teñen sobre a existencia de mecanismos de axuda que están a súa disposición. Chegar ás “mulleres silenciadas”, en palabras da médica Rosana Izquierdo, debe ser por tanto un obxectivo ineludible para administracións, colectivos e profesionais especializados na materia.

A erradicación de condutas violentas pasa tamén por un labor preventivo cos homes, un traballo que realiza o programa Abramos o Círculo do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que ofrece atención especializada a varóns interesados en aprender a resolver conflitos pola vía do diálogo. “A seguridade das mulleres mellórase tamén traballando cos homes”, apuntou o psicólogo Rubén Villar.

A representante da Coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos tratos de Vigo, Raquel Doval, apostou por ofrecer axuda dende unha perspectiva feminista e reclamou unha mellora da coordinación para que a asistencia chegue de forma efectiva ás mulleres.

Ámbito policial e xurídico

Unha avogada, un axente da Policía Local de Pontevedra e unha maxistrada  abordaron na segunda mesa o proceder político e xudicial ante as violencias machistas. Nas súas intervencións quedou patente que “algo está fallando”  (así o afirmou no seu relato o inspector principal da Policía Local de Pontevedra, José Ángel Ruibal), no que aportou información sobre o sistema de traballo do Grupo de protección local para vítimas de violencia de xénero.

Pouco antes as asistentes atenderan á intervención de Ana Barreiro, avogada do Centro de Información á Muller do Grove e vogal da REGAI. A profesional manifestou que a deconstrución desta “lacra social” precisa de esforzos comúns, de toda a sociedade. “Non só a financiación dos distintos centros e servizos que se adican a combater a violencia de xénero, senón tamén a información e a financiación dos distintos concellos a través dos CIM”.

Antes da clausura da xornada, a cargo da deputada provincial de Cohesión social, Digna Rivas, e da presidenta da Rede Galega pola Igualdade, Carmen Cajide Hervés, a maxistrada Paz Filgueira, especializada en violencia machista, demandou de xeito construtivo un compromiso máis firme do Estado para loitar contra a violencia contra as mulleres. Apostou pola especialización xudicial, da policía e da fiscalía como un recurso imprescindible para dar a cobertura necesaria ao terrorismo machista.

Os datos da maxistrada son contundentes: na actualidade, a vía xudicial só recibe un 20 ou 30 por cento  do total dos casos de maltrato que existen.   

A segunda mesa repasou o tratamento das violencias machistas por parte da xustiza e da policía.

Ante as asistentes da xornada, a maxistrada lembrou que a maioría dos casos se axustan ás fases dos ciclos da violencia establecidos pola investigadora Leonor Walker: tras unha primeira etapa de tensión chega unha “explosión” ligada ao maltrato cara a muller. O último ciclo é o de arrepentimento.

Son unhas corenta as persoas que participan na xornada multidisciplinar organizada pola REGAI na Casa Rosada de Poio. O proxecto continuará os días 13, 14 e 15 cun curso de comunicación oral con perspectiva de xénero que terá lugar na casa da cultura Roberto Blanco Torres, en Cuntis.

Unha decena de profesionais expertos en violencia machista participan nunha xornada da Rede Galega pola Igualdade

Profesionais da psicoloxía, da xustiza, da policía, da medicina e do movemento asociativo participarán o vindeiro sábado na xornada Intervención contra as violencias machistas: enfoque multidisciplinar organizada pola Rede Galega pola Igualdade (REGAI) na Casa Rosada de Poio.

A programación deseñada pola asociación aposta por conxugar experiencias e opinións de persoas expertas en combater a violencia machista. A xornada, que conta con achegas da Deputación de Pontevedra, do Concello de Poio e da Sociedade Galega de Sexoloxía, organizouse partindo duna filosofía aberta: o debate da primeira mesa abordará factores psicolóxicos, sociais e sanitarios relacionados co maltrato; a segunda fará fincapé en cuestións de índole policial e xurídica.

A actividade, que se prolongará de 9.45 a 14 horas (aproximadamente) está aberta a todas as persoas que queiran asisitir. Poden tramitar a inscrición a través da páxina web redegalegapolaigualdade.com.