Conclusións “Construíndo feminismo autónomo”

 

RESUMO, CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS
“Foro de debate: construíndo feminismo autónomo”
 
Unha actividade realizada no marco do proxecto “Feminismo: fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro”. Fase 2018.
 
 
30/06/2018
 

RESUMO, CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS

RESUMO.

A Rede Galega pola Igualdade (REGAI), no marco do proxecto “Feminismo: fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro” organizou o Foro de debate: construíndo feminismo autónomo, o día 30 de xuño de 2018, coa finalidade de promover a reflexión sobre a situación actual do feminismo e tratar de marcar claves para empoderarnos, tanto a nivel individual como colectivo.

Esta actividade estivo dirixida e coordinada polas responsables da REGAI.

Participaron activamente as seguinte organizacións:

  • Asemblea de Mulleres de Pontevedra
  • Colectivo Feminista Pontevedra
  • Teenses pola Igualdade
  • FADEMUR Galicia
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA)
  • Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX)
  • Tamborililás – Batukada Feminista
  • Cónclave de Feministas Aleatorias
  • Rede de Mulleres contra os Malos Tratos
  • Colectivo Feminista Deza Tabeirós
  • Asemblea Feminista Paxaretas
  • UGT-Galicia
  • CC.OO. Galicia
  • CUT.
  • CIG.

Sumouse ao debate a Asociación Boa Vida e escusaron a súa asistencia a Asociación O Soño de LILITH.

Presentación e benvida a cargo do Director do CEE de Panxón e da vicepresidenta da REGAI e das compañeiras da REGAI de Nigrán.

CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS.

  • MESA 1. Comunicación: Revolución feminista, para que?

Relatora: Paz Filgueira Paz, maxistrada feminista.

A nosa relatora, partindo do recoñecemento mediático que tivo o 8M a nivel internacional, sinala que o importante é remarcar que pedimos as mulleres neste momento histórico no que, aínda, unha maioría de persoas cre que xa o temos todo?. Alcanzada a titularidade de certos dereitos básicos quedan pendentes moitos por conquistar, ademais do que segue sendo unha realidade, “as mulleres seguimos tendo que demostrar que temos dereitos humanos, mentres que os homes non”. Cre que certas conquistas foron unha mentira, porque parten de concesións feitas desde púlpitos patriarcais que ocultan relacións de subordinación con discursos enganosos do tipo “o traballo asalariado vaiche a liberar” ou “o contrato sexual, sobre todo na concepción da prostitución, vaiche a emancipar”, sempre sobre a base de “para elas a culpa e para eles a desculpa” . Dinnos que as cotas son igualdade; tampouco é certo, as cotas son representatividade, son os mínimos que podemos pedir.

Considera que estamos no momento no que a liberación da muller pasa pola redefinición de conceptos; o primeiro o traballo e o traballo remunerado. O traballo asalariado non liberou á muller porque o capitalismo segue subordinándoa ao home, ata a sacrificou máis, porque capitalismo e consumo van xuntos como xa dicían Marx e Engels. É crítica cos sindicatos, que non foron os convocantes da folga do 8M, porque son altamente masculinizados, de machos, de tempo, de presenza; para eles o traballo é de consumo e produtivo, é algo deles que non implica ás mulleres; por iso é polo que a súa convocatoria fose algo simbólica, de ½ hora ao principio para pasar a 2 horas.

Nun discurso cargado de ironía, enlazando que é o que nos levou realmente ás rúas este 8M co que nos fai realmente falta ás mulleres, conclúe que é “diñeiro”. Relata como, historicamente, desde o amor romántico ao catolicismo, todo estaba ben construído para que o investimento da muller fose máis elevada dentro do matrimonio e contribuíse ao patrimonio do pater familia que o tiña todo controlado “nós casabámonos e era para toda a vida; a fidelidade só para a muller (…) o sistema cando non estaba mecanizado pagábache a través do catolicismo co ten fillos que son máis man de obra para soster o sistema, e cos bens gananciais, que en época franquista como non había divorcio só podías aspirar a enviuvar para gozar da metade do patrimonio e unha pensión de viuvez. Continuando nunha liña de denuncia desvélanos o futuro peor” agora as mulleres non podemos acceder ao emprego porque non hai mercado laboral para todos; si podemos acceder é precario, de tempo parcial e si estás en época reprodutiva non cho van a dar; xa que logo non tes acceso á vivenda e xa non hai bens gananciais no matrimonio”; e segue “eles fixérono tan ben que con custódiaa compartida preferente xa non compartes vivenda, e en principio quen pode acceder a unha vivenda é el porque gaña máis; xa non che casas, así non hai bens gananciais”. Ademais “non che garanten absolutamente nada; non hai incentivos á natalidade, nin axudas á vivenda e a pensión de viuvez está a piques de desaparecer”.

Aporta algúns datos actuais que evidencian a imposibilidade de alcanzar a igualdade. Así, mentres o crecemento económico está baseado no consumismo, os labores que contribúen ao benestar social, maioritariamente invisibles, están sen remunerar; o 14% do PIB español represéntao o traballo non remunerado ou de coidados, e só un 4% realízano os homes. En España as mulleres en idade reprodutiva teñen as taxas máis altas de paro, un 47%. A reforma dos permisos paternais intransferibles chegan tres décadas tarde porque agora non hai traballo para todos; considera que sería adecuado o modelo escandinavo que é transferible porque o 85% do tempo do proceso consómeo a muller.

Para rematar recoñece que o Pacto de Estado é importante, o hándicap é que non ten fondos económicos nin se lles espera. Igual co Pacto pola Violencia de Xénero, que non se cumpre. En materia de violencia de xénero detecta varias deficiencias. Cre necesario que a Delegación de Goberno debería realizar un informe cando se producen tantos asasinatos sucesivos de mulleres, como foi este solsticio de verán. Aumentan as denuncias, que si son disuasorias, pero non hai máis medios psicotécnicos nin socioeconómicos, nin xente especializada en fiscalía ou a policía, o que para ela explicaría porque recollendo o Observatorio de Violencia 120.000 denuncias anuais de media, só hai un 14.000 condenas. Ter en conta a descendencia da parella como parte afectada da situación; desmontar o mito do amor romántico; contemplar a diferenza de recursos entre o rural e a cidade …e así unha serie de observacións que vai deixando sobre a mesa, que apuntan todas elas a que a solución ten que ser estrutural.

  • MESA 2. Comunicación: “Movemento estatal 8M 2018 e previsión 8M 2019”

Relatora: Begoña San José Serrán. Destacada feminista con implicación en todas as mobilizacións importantes a nivel estatal.

(Mantemos o idioma no que realizou a exposición)

Comienza por reconocer la diversidad de las organizaciones que participaron en el 8M, y que no habiendo una estructura, hacer una convocatoria estatal con huelga y conseguir una acción tan potente y con más fuerza que las locales, fue un éxito sin precedentes y que responde a una máxima del feminismo, que “los derechos de las mujeres son universales”.

Relata, desde su experiencia, como se gestó la convocatoria del 8M de 2018. Parte de la convocatoria en América Latina del Paro Mundial de Mujeres el 8M 2017, que al movimiento feminista del Estado español llegó tarde, y solo pudo dar una respuesta significativa pero escasa de paros laborales, aunque en un contexto de récord de participación en las manifestaciones. En abril 2017, primero decenas y luego centenares de feministas de Madrid empezaron a reunirse el 8 de cada mes en Asamblea cara a una huelga el 8M 2018. El encuentro estatal en Elche en septiembre adoptó la convocatoria de huelga a nivel estatal y en enero en Zaragoza se aprobó el Manifiesto estatal de la huelga de mujeres de 24 horas laboral, de cuidados, estudiantil y de consumo. La Comisión 8M, sus asambleas, grupos de trabajo y portavoces ante los medios de comunicación, se han constituido por personas individuales, no por organizaciones feministas. Después del 8M se ha planteado si mantener esa estructura y funcionamiento como representación del conjunto del Movimiento feminista o que la pluralidad de organizaciones feministas expresen a lo largo del año sus acciones y reivindicaciones, volviendo meses antes del 8M 2019 a preparar la unidad de acción ese día. Aunque el acuerdo formal del Encuentro de Mérida y la asamblea 8M Madrid es más o menos lo primero, las manifestaciones por la sentencia de La Manada y exigiendo los 200 millones de euros para violencia de género en los Presupuestos del Estado, ambas no convocadas por el 8M, expresan que subsiste la pluralidad reivindicativa y organizativa del movimiento feminista.

La convocatoria de “huelga laboral” por las organizaciones feministas puede verse como intrusismo en el campo de acción de los sindicatos, especialmente por los mayoritarios, que participaron poco en el proceso del 8M. Sin embargo, cree que crea una ocasión histórica de alianza entre el movimiento obrero y el movimiento feminista, para la que necesitamos puentes -órganos de mujeres en sindicatos y partidos integradas también en las organizaciones feministas-, porque, como dice Nancy Fraser, el feminismo mundial se escora, o se escoraba, hacia las reivindicaciones de reconocimiento más que a las de reparto, y la Huelga Feminista exige el reparto intersexual del empleo y los cuidados y el reparto intergeneracional del poder y del consumo.

‘Si nosotras paramos se para el mundo’ es la afirmación de que nuestros esfuerzos producen más de lo que se nos paga, nuestros trabajos generan una plusvalía que se están apropiando otros. La “huelga de cuidados” (con la dificultad de hacerse realmente por las empleadas de hogar y las cuidadoras de personas dependientes) inserta la economía feminista en la conciencia social y en la agenda política.

La “huelga estudiantil”, que no es la primera en el movimiento estudiantil, muestra una juventud cuya socialización en la etapa estudiantil se ha prolongado por la crisis y el paro juvenil, que no acepta acríticamente su estatus de preparación para el mundo productivo, y asume un rol productivo y politizado, integrando las ideas y la unidad de acción feminista. De las cuatro huelgas convocadas, la estudiantil ha sido la de mayor seguimiento cuantitativo, y ratifica una alianza y un reparto intergeneracional (no siempre fáciles, sobre todo en las organizaciones) dentro del movimiento feminista, que se inició con el movimiento 15M en 2011, con una madurez política que sorprende.

En la “huelga de consumo”, tenemos que concretar más el cuestionamiento y las alternativas al modelo de consumo desde el feminismo en diálogo con el movimiento ecologista, en el punto de vista medioambiental; y también desde el reparto social e internacional.

Un factor clave de la magnitud del 8M 2018 ha sido la actitud positiva de los medios de comunicación, el ‘cuarto poder’ en el que la Comisión 8M ha incidido con un equipo de prensa muy potente, y el manifiesto de las 8.000 profesionales, que, además de apoyar la huelga feminista y sus reivindicaciones han presentado otras específicas sobre sus condiciones de trabajo y sobre el contenido sexista de los grandes medios comunicación.

Y ahora ¿qué? La sociedad ha pasado de ver el feminismo como algo sectario e inútil, a algo significativo, moderno y positivo, pero eso solo no cambia la realidad social cotidiana de discriminación en la educación, el empleo, los cuidados, la sexualidad y la violencia hacia las mujeres. Hay diferencias sobre cómo hacer la incidencia social, y muchas más sobre si hay que hacer incidencia política en los poderes públicos o no, y si hay que hacerla hacia todos o sólo a los partidos afines. Y hay diferencias sobre si tenemos que mantenernos todo el año en unidad de acción defendiendo las reivindicaciones comunes y orillando temas en los que seguimos sin alcanzar acuerdos, como la prostitución y las alianzas con sindicatos, organizaciones LGTB, etc.

Cuatro meses después del 8M ¿Cómo ha funcionado la cadena unidad de acción-formulación de la reivindicación-organización-interlocución con el poder? En las manifestaciones contra la sentencia por la violación en grupo de La Manada -que marcará un antes y un después sobre qué consideramos una relación sexual igualitaria, voluntaria y recíprocamente placentera- ha primado la iniciativa estudiantil, aunque buscando la unidad en la calle de todo el movimiento y la incidencia social a través de los medios de comunicación, no a través del poder judicial, el gobierno o el parlamento. En cambio, en las concentraciones o manifestaciones del 16 de mayo en 80 ciudades exigiendo la inclusión en los Presupuestos del Estado de los 200 millones acordados en el Pacto de Estado sobre Violencia de Género, a las que se han sumado pocas jóvenes y que rompían dos tabús del movimiento -el del Estado y el del dinero- las convocantes han sido dos centenares de organizaciones feministas, y sí se ha pedido a los 7 Grupos Parlamentarios que lo votaran, cosa que afortunadamente hicieron.

El cambio de gobierno tras la moción de censura y las elecciones europeas, municipales y autonómicas en mayo de 2019 intensificarán la cuestión de la relación del movimiento feminista autónomo con los partidos y las instituciones, y de si es posible mantener simultáneamente la pluralidad y la unidad de acción, para lo que es importante acertar en las reivindicaciones, porque como decía Luther King, “la gente no sale a la calle por la conciencia de la injusticia sino por la conciencia de la posibilidad de cambiarla”. Puede ayudar a ello el Informe Sombra de decenas de organizaciones al GREVIO (Grupo de Expertas del Consejo de Europa) sobre la aplicación en España 2014-2018 del Convenio de Estambul contra la Violencia, en un Encuentro el 6 de octubre en el que le gustaría hubiera un informe a nivel gallego.

  • MESA 3. Relato sobre “Movemento 8M 2018 e previsión 8M 2019

https://scontent.fmad3-4.fna.fbcdn.net/v/t1.0-9/36632956_1882894978398768_8815327380408107008_n.jpg?_nc_cat=0&oh=fd673c1fa820c282eb71caffed94f304&oe=5B9F49D1

  1. Finalidade e accións principais das organizacións participantes.

Este punto serviu para coñecernos máis a fondo, tanto a nivel persoal como no xeito de traballar de cada unha das nosas organizacións. Permitiunos coñecer en detalle interesantes e atrevidas iniciativas de hai décadas e outras postas en marcha recentemente que supoñen impulso e esperanza para a loita feminista.

  1. Historia do feminismo galego en democracia. Coincidencias dos grandes movementos do feminismo galego:
  • A partires dos anos 70 os primeiros movementos feministas saían á rúa a reivindicar cuestións relativa aos dereitos e liberdades das mulleres, entre os que destacan a despenalización do adulterio e do aborto, recoñecer o dereito ao divorcio… Mulleres adiantadas, valentes, persoas que sementaron unhas sementes que outras fomos recollendo para volver a replantar.
  • “A Marcha Mundial das Mulleres contra a violencia e a pobreza” percorreu as rúas de Vigo o 23 de maio de 2004.
  • Todo o proceso levado a cabo contra a reforma proposta polo PP de reformar a Ley de Salud Sexual y Reproductiva y de la Interrupción Voluntaria do Embarazo. Un traballo iniciado 2012 pola Plataforma polo Dereito a Decidir, logo convertida na Plataforma polo Dereito ao Aborto para unir a todo o feminismo galego. Despois de dous anos dun forte activismo feminista na rúa e da contundente denuncia antes as institucións, conseguiuse frear a proposta do PP, excepto na reforma que manda ás menores de 16 e 17 anos que queiran abortar a un labirinto xudicial.

Foi unha etapa na sentimos a necesidade de unirnos, fomos salvando boa parte das diferenzas, aprendendo a traballar conxuntamente, e construíndo novos espazos de unidade para a acción política contras as violencias machistas.

  • Tren da liberdade. Boa parte das organizacións feministas galegas participaron activamente nesa destacable acción: contribuíndo no éxito da manifestación en Madrid e/ou facendo difusión do documental “EU DECIDO. O TREN DA LIBERDADE” en varios puntos de Galicia.
  • Outro momento importante para o feminismo galego foi todo o proceso realizado para participar no 7N “Marcha contra as Violencias Machistas” en Madrid.
  • Galegas 8M. Todo ese caldo de cultivo do feminismo galego, anteriormente comentado, ten moito que ver para que a convocatoria do pasado 8M en Galicia teña acadado un gran éxito de participación.
  • Cabe destacar que toda esta actividade na rúa foi sempre acompañada dun forte traballo de sensibilización, formación e reflexión sobre temas relevantes que afectan aos dereitos da mulleres. Tanto a nivel individual en cada unha das organizacións presentes no debate, como en moitos casos de xeito conxunto de todo o feminismo galego.

Neste andar do feminismo galego das últimas décadas unhas organizacións fóronse desgastando e outras apareceron cunha gran ilusión e forza: o feminismo avanza xerando novos espazos que todas debemos aproveitar, pero sempre baixo o obxectivo común de combater as violencias machistas.

  1. Freos cos que consideras que se atopou o movemento feminista galego.
  • Falta de unidade real do feminismo.
  • Carencia dunha estrutura organizativa, con protocolos que garantan a diversidade e faciliten o traballo.
  • Pouca visibilidade social das organizacións feministas.
  • Falta de capacidade para construír espazos perdurables no tempo, onde todas as organizacións comprometidas co feminismo nos puidéramos sentir cómodas.
  • A carencia dunha axenda propia.
  • As descalifiacións por parte do discurso neoliberal cara o feminismo e a súa ansia por convencer de que a igualdade xa está acadada.
  • Os ataques do patriarcado afianzado aínda hoxe nos estamentos do poder.
  • As incoherencias que a veces intentan instalarse dentro do propio movemento feminista, co propósito dalgunha persoas e/ou organización de apropiarse de todo o movemento feminista.

Cara o 8M 2019

  1. Visto que cada organización necesita o seu espazo propio de actuación, en que ocasións cres que se debe actuar conxuntamente?

Datas clave para unha axenda propia do feminismo galego fixa: concentracións polos feminicidios que se dean en Galicia (seguindo o protocolo establecido), convocatoria 8M, convocatoria 25N. Outras datas a ter en conta: 11 de febreiro día internacional da muller e a nena na ciencia, 22 de febreiro día da igualdade salarial, 17 maio día das letras galegas (visibilización das mulleres escritoras), 28 de xuño Día Internacional do Orgullo LGBTI, 28 de setembro día de accións global por un aborto legal e seguro,…Esta axenda necesita máis debate, sería desexable consensuar as datas con tempo suficiente para que as organizacións as tivesen en conta nos seus proxectos anuais. Así mesmo considérase fundamental que cada organización, en función do seu ámbito de interese, se encargue da organización dunha das datas.

  1. Tendo en conta a experiencia do 8M 2018, intentemos definir unha estratexia que nos permita superar os problemas e transmitir a riqueza da diversidade e ao tempo que unión no combate:
  • Entendemento entre as diferentes posicións feministas.

A maioría das representantes das organizacións manifestaron a necesidade de camiñar xuntas, deixando de lado as diferenzas e superando determinados debates apriorísticos sobre intereses, procedencias, afinidades…

Veuse como importante e posible elaborar unha axenda de mínimos, respectando a diversidade e valorando o nos une.

  • Claves fundamentais para a unión real do feminismo galego.

Seguir traballando na liña de facilitar espazos feministas, comezada por GALEGAS 8M: vernos e recoñecernos polos nosos retos, ideas e traballo. Contar cun espazo aberto ao diálogo, a aprender e reflexionar xuntas.

Escoitarnos respectando as diferenzas e os intereses de cada organización, poñendo o foco no obxectivo común.

Ser máis xenerosas, tanto na fórmula organizativa, como na proxección.

Desterrar reaccións de contraprogramacións, descalificacións doutras campañas…

Facer revisión das organizacións feministas que non están participando en Galegas 8M e intentar incorporalas para as próximas convocatorias.

Reforzar a reflexión feminista a través, como mínimo, dun encontro anual presencial.

Aproveitar a estrutura que se creou en torno a Galegas 8M para darlle continuidade no tempo, coa posibilidade de facer rotatorio o equipo de coordinación.

Manter a nosa autonomía de gobernos, partidos políticos, sindicatos, e de toda prácticas paternalista. Unha autonomía que nos permite unir e crear sinerxías en prol da causa feminista.

  • Os recursos das organizacións para un 8M 2019 contundente.

Cada organización, segundo os recursos cos que conta, deberá comprometerse a traballar na construcións dun feminismo máis forte e unido para loitar contra o patriarcado.

Contar cos colectivos en situación de vulnerabilidade: mulleres con diversidade funcional, mulleres do mundo rural, mulleres migrantes, mulleres doutra etnias, trans, racializadas…

Achegar máis as reivindicacións do feminismo ao territorio rural, a unha poboación feminina envellecida, con máis dificultades para participar dos movementos sociais, con máis trabas para facerse visible.

Aproximar o feminismo aos centros de traballo do país para expoñer as nosas reivindicacións e ao tempo, recoller as súas demandas. Contactar directamente coas traballadoras para espallar as convocatorias e animar á participación.

Dar unha maior resposta á problemática específica das mulleres da nosa CC.AA.

  • Claves estratéxicas a ter en conta para as convocatorias do feminismo galego na rúa.

Facer convocatoria unitarias, imaxinativas, plurais e diversas, centradas na problemática das galegas e solidarias coas loitas doutras mulleres no mundo.

Insistir na inclusión de todas, organizacións e/ou persoas individuais, nunha estratexia común contra o patriarcado.

Seguir na loita dun modelo de movemento libre e sen ataduras e manter vivo o espírito do 8M, para que a forza do colectivo medre e nos permita transformar a vida das mulleres.

Seguir os protocolos previamente establecidos. Ter en conta os acordos das asembleas, por exemplo o recollido na acta da reunión de Lalín de Galegas 8M.

Dende a REGAI mostramos o noso agradecemento á Dirección do CEE de Panxón, ás relatoras Paz Filgueira e Begoña San José, ás representante das organizacións feministas que participaron na xornada, e a todas as feministas que participando de xeito individual enriqueceron o debate.

Nota: Este documento foi enviado a todas as persoas que participaron na xornada e estivo exposto durante un mes a achegas, deuse por pechado o 30 de agosto de 2018.