Aínda temos as emocións a flor de pel tras compartir con milleiros de persoas a multitudinaria mobilización do 8M/2018. A manifestación do 4M en Vigo e todas as accións en torno ao 8M podemos dicir que foron históricas, masivas, transversais… Faltan os cualificativos para describir un movemento que marca un antes e un despois na historia do feminismo galego.
Cabe recordar que este movemento en empeza nin remata aquí, son moitos anos de convocatorias feministas en Galicia, de importantes mobilizacións de mulleres no noso país: primeiro polo dereito ao aborto, a continuación o 7N contra as violencias machistas, e o 8M/2018 a primeira folga feminista polos dereitos das mulleres que deixa impresionantes imaxes imposibles de esquecer.
Agora toca esixir e preguntar aos gobernos que van facer logo de escoitar o grito global das mulleres que reclaman igualdade neste país.
Nin un paso atrás!