Partindo dos bos resultados da primeira fase do proxecto “Feminismo: fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro” e tendo en conta a inmensa forza reivindicativa do feminismo nas rúas do país o 8M/2018, toca agora centrar os nosos esforzos en consolidar ese “feminismo unitario”, autónomo e transformador.
Por parte da REGAI, como feministas e como parte convocante desa mobilización tócanos reflexionar e a seguir facendo o que fixemos sempre: situar o feminismo no centro do debate, porque unha sociedade máis xusta e igualitaria é absolutamente necesaria. Nese sentido, está orientado o proxecto da REGAI: 2ª fase do proxecto “Feminismo: fotografía da realidade e deseño de camiños de futuro”.
Podedes formalizar a inscrición facendo clic neste enlace. As actividades desglosadas están a disposición das persoas interesadas nesta sección.