Que é a REGAI?

A REGAI (Rede Galega pola Igualdade) xorde no 2011, inicialmente como Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, coa finalidade de sumar forzas para visibilizar as reivindicacións das mulleres e de combater as violencias machistas.
Trátase dunha organización sen ánimo de lucro. Unha asociación plural non vencellada a ningún partido político e que acolle no seu seo a persoas de todas correntes feministas.
A nosa acción feminista está centrada na erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres. As actividades que realizamos están orientadas á prevención e denuncia das agresións; á esixencia dunha maior implicación dos poderes públicos e de todas as formacións políticas coa causa feminista; á sensibilización e implicación da sociedade nunha loita común; e á formación e a impulsar o debate sobre os factores asociados ás violencias machistas.
Somos unha agrupación formada por activistas feministas que participa nas actividades propostas por outras asociacións ou colectivos de defensa dos dereitos das mulleres, sempre que estas coincidan cos nosos obxectivos e filosofía de loita, favorecendo como un valor a conseguir a máxima unidade nas campañas e actos que desenvolvemos.
A única condición para ser socia é asumir as reivindicacións do movemento feminista e pagar unha cuota anual simbólica.
A REGAI convida a todas as persoas que desexen colaborar, no grao que cada unha decida: facer propostas de actividades ou simplemente participar nelas, colaborar na difusión e sensibilización a través das redes sociais...Cada achega é necesaria e valiosa!

Webs amigas da REGAI

 

Noticias

COMUNICADO. EN RESPOSTA Á XORNADA MULLER UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA

    COMUNICADO. Diante os ataques e insultos que estamos a recibir da asociación “Nos Mesmas” queremos aclarar que, Primeiro Non hai unha so liña no seu documento que explique con argumentos obxectivos porqué somos “transfobas”. Ningunha integrante desta asociación nin ningunha das persoas que acodiron á xornada “Muller, unha categoría biolóxica e xurídica”, estamos …

DÍPTICO DA XORNADA MULLER, UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA

INVITACIÓN XORNADA FEMINISTA PRESENTACIÓN O vindeiro día 2 de Outubro a asociación REDE GALEGA POLA IGUALDADE (REGAI), organizará en Vigo unha xornada de debate, “ MULLER, UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA”, unha actividade con carácter divullgativo e de sensibilización que pretende analizar as novas leis de autodeterminación do sexo rexistral que pon en perigo os …