A REGAI (Rede Galega pola Igualdade) xorde no 2011, inicialmente como Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, coa finalidade de sumar forzas para visibilizar as reivindicacións das mulleres e de combater as violencias machistas.
Trátase dunha organización sen ánimo de lucro. Unha asociación plural non vencellada a ningún partido político e que acolle no seu seo a persoas de todas correntes feministas.
A nosa acción feminista está centrada na erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres. As actividades que realizamos están orientadas á prevención e denuncia das agresións; á esixencia dunha maior implicación dos poderes públicos e de todas as formacións políticas coa causa feminista; á sensibilización e implicación da sociedade nunha loita común; e á formación e a impulsar o debate sobre os factores asociados ás violencias machistas.
Somos unha agrupación formada por activistas feministas que participa nas actividades propostas por outras asociacións ou colectivos de defensa dos dereitos das mulleres, sempre que estas coincidan cos nosos obxectivos e filosofía de loita, favorecendo como un valor a conseguir a máxima unidade nas campañas e actos que desenvolvemos.
A única condición para ser socia é asumir as reivindicacións do movemento feminista e pagar unha cuota anual simbólica.
A REGAI convida a todas as persoas que desexen colaborar, no grao que cada unha decida: facer propostas de actividades ou simplemente participar nelas, colaborar na difusión e sensibilización a través das redes sociais...Cada achega é necesaria e valiosa!
Webs amigas da REGAI