XORNADA PROSTITUCIÓN E PORNOGRAFÍA. RAZÓNS PARA A SÚA ABOLICIÓN

PROSTITUCIÓN E PORNOGRAFÍA. RAZÓNS PARA A SÚA ABOLICIÓN

Este vindeiro 8 de outubro, sábado, Vigo se convertirá no epicentro do debate galego sobre a prostitución, onde expertas abolicinistas analizarán as consecuencias da prostitución e a necesidade de abolir unha das violencias máis estrema que se exerce contra as mulleres.

Lugar: Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo na sala “Rosalía de Castro”, situada na rúa Eduardo Chao, 17. Cidade Vella

Horario: de 10:00 a 18:30

Inscribirse no correo electrónico redegalegapolaigualdade@gmail.com

 

CERTAME VIDEOS TIK TOK

 

A prostitución e a pornografía é violencia sexual e deso vai o noso certame de videos de Tik Tok  para que creedes un video que o plasme coma tal.  O video gañador, terá un premio dun bono multimedia de 50 euros e un diploma acreditativo.

Anímate. Ponlle creatividade á tua denuncia. 

CERTAME DE VIDEOS DE TIK TOK A REGAI

BASES

 

PDF Embedder requires a url attribute CERTAME-TIKTOK

CERTAME DE MICRORRELATOS.

 

A prostitución e a pornografía son dous xeitos de violencia sexual contra as mulleres.

E desto vai o noso certame de microrrelatos, de plasmalo en 250 palabras (titulo incluido) e nolo envíes ao noso correo, 

redegalegapolaigualdade@gmail.com.

O período para envialo é do día 15 de xuño ata o 1 de Agosto (ambos inclusive).

Aquí tes as bases. 

 

 

BASES-CERTAME-MICRORRELATOS-A-REGAI

A REGAI XA ESTÁ EN IVOOX.

 

A REGAI,  XA ESTÁ EN  IVOOX . Busca os nosos episodios no noso programa   “A REGAI, FEMINISMO E ACCIÓN”.

 ACCEDE AO NOSO CANLE DE IVOOX

Cada mes,  máis ou menos,  publicaremos un novo podcasts que abordará  dendo o feminismo todas as cuestións que nos preocupan ás mulleres.

QUEN SOMOS?

Con este episodio, inauguramos a nosa primeira tempada que agardamos sexan moitas máis. 

Colabora,

Continuar lendo “A REGAI XA ESTÁ EN IVOOX.”

COMUNICADO. EN RESPOSTA Á XORNADA MULLER UNHA CATEGORÍA BIOLÓXICA E XURÍDICA

 

 

COMUNICADO.

Diante os ataques e insultos que estamos a recibir da asociación “Nos Mesmas” queremos aclarar que,

Primeiro Non hai unha so liña no seu documento que explique con argumentos obxectivos porqué somos “transfobas”.

Ningunha integrante desta asociación nin ningunha das persoas que acodiron á xornada “Muller, unha categoría biolóxica e xurídica”, estamos en contra de que as persoas, transexuais teñan e disfruten dos dereitos que como seres humanos lle corresponden como tampouco negamos a existencia da “disforia de xénero” e nos facemos cargo do sufrimento que causa nas persoas que o padecen.

En ningún momento, as persoas que asistiron á xornada, unha gran parte alleas a esta asociación, se sentiu incómoda u ofendida co debate. Pola contra, , para moitas, resultoulles unha xornada clarficadora.

Como feministas que somos non admitimos o insulto ou o trato degrante como único argumento para xustificar o noso posicionamento fronte ao proxecto de lei trans elaborado por Unidas Podemos.

A esta reflexión feminista foron convidadas distintas asociacións que declinaron a nosa invitación e que nosoutas nun exercicio de tolerancia aceptamos sen máis.

Entendemos tamén que este é un tema espiñento e que hai persoas que por medo ao acoso do transxenerismo rexeitaron a nosa invitación.

Sorprendenos a violencia, os insultos e ás ameazas á liberdade de expresión e de reunión que recibe o feminismo cada vez quere provocar este debate. Nos sorprende esa violencia de parte da asociación “Nos Mesmas”, neste caso que emprega uns métodos que adoitan ser patrimonio tanto da ultradereita como do patriarcado. “Nos Mesmas” quere impoñer a súa razón pola forza do silencio.

Segundo, a xornada tiña como obxectivo facer unha reflexión feminista con argumentos científicos e xúridicos sobre as leis identitarias que sustitúen o sexo pola categoría de xénero. Para esta reflexión contamos con especialisas que fixeron unha análise multidisciplinar das leis identitarias e cómo estas afectan de xeito nefasto ás mulleres e ás nenas, e en concreto do anteproxecto de lei elaborado por Unidas Podemos.

Terceiro, Di esa asociación que o contido deste díptico lles agrede. O que agrede son as leis identitarias que poñen en perigo os nosos avances, que nos relegan á invisibilidade e dan rango de lei a opresión do patriarcado por non falar do dano que se exerce aos corpos das nenas e os nenos que en idades tan tempranas convertennos corpos sometidos á medicación de por vida eso sen contar cos riscos para a súa saúde.

Cuarto, Acúsanos de estar en contra das persoas Trans. Pero que significa ser trans?. O concepto muller e o concepto transexual está ben definidos pero o de trans…

Para empezar “Trans” é un prefixo que só adquire sentido unido a outra palabra ou sintagma pero que de xeito aillado carece de significado e polo tanto, non pode ser obxecto dunha norma xurídica que ten por finalidade erradicar discriminacións basadas na diversidade sexual ou afectiva da persoas.

Os dereitos das persoas transexuais están recollidos no ordenamento xurídico na lei 3/2007das máis progresistas do mundo. O novo anteproxecto non innova e non recoñece ningún dereito máis dos que xa están recoñecidos legalmente.

Quinto, Poñen en dúbida o carácter feminista da Rede Galega pola Igualdade. Resulta cando menos irónico.

O feminismo naceu para abolir o xénero, constructo social que supuxo e supón un instrumento de opresión e violencia en contra das mulleres. Por eso a nosa asociación sí é feminista. Rexeitamos  e combatemos o xénero.

Pola contra, o transxerismo que defende a asociación “Nos Mesmas”, fai todo o contrario. Converte o xénero nunha identidade ao que hai que darlle rango de lei. A opresión será de obrigado cumplimento.

Sexto Fala a asociación “Nos Mesmas” de que non representamos o feminismo maioritario. Neste caso, agradecemoslle ese avance, xa somos feministas, aínda que sexa en minoría.

Hai unha parte do feminismo de todo o mundo que está a alzar a voz en contra das leis identitarias e cando menos son nun número superior ao número de asociadas coas que conta “Nos Mesmas”.

Sétimo: A proba de que o transxerismo trae nefastas consecuencias a mulleres e nenas podémolo comprobar no deporte. Onde deportistas transxénero están apartando ás mulleres biolóxicas non só dos podios sénon da competención en sí. De feito dende o Comité Olímpico Internacional están a recoñecer de eque as normas establecidas en 2015 para permitir a participación de atletas transxénero nas competicións feministas non son axeitadas. Non o dicimos nosoutras o di o director médico e científico dese organismo, o Dr. Richard Budgett.

Por outra banda, en países como Suecia, Reino Unido e Filandia están recuando e pedindo a rectificación das leis identitarias.

En todo o relato quen defende o transxenerismo e a propia asociación “Nos Mesmas”, non nos explican cáles son os dereitos que adquiriremos as mulleres. Servirá a lei trans para erradicar a violencia que se exerce contra nosoutras, mulleres e nenas?. Erradicará a Lei Trans á nosa discriminación?. Protexerá ás nenas da violencia que sofren por ser nenas?.

Non. Non entran a valorar o  impacto de xénero que terá esa lei. 

Non somos capaces de entender que o exercicio de debater e reflexionar sobre dereitos que afectan á metade da humanidade, poida provocar unha resposta violenta e de odio cara as mulleres que sí practicamos ese sano exercicio. Sobre todo cando veñen da parte que se autoproclama feminista e progresista.

O tranxenerismo e a asociación “Nos Mesmas” quere impoñer o seu discurso sen quen ninguén poida discrepar e fronte aos argumentos obxectivos impón as ameazas, e o insulto.

Queren co seu ruido acalar as nosas voces para evitar un debate social sumamente necesario porque afecta aos dereitos da metade da humanidade. Se segue a empregar a mesma estratexia envolveita no papel de celofán do falso progresismo, para sairse coa súa mantendo na ignorancia á sociedade que comprobamos a diario segue a descoñecer o alcance real do tranxenerismo plasmado no antreproxecto de lei que se pretende aprobar.

O tranxenerismo abre a porte aos ventres de algueiro, a prostitución é dicir, a mercantilización dos corpos das mulleres. Por certo, as mulleres seremos denominadas, según este movemento como “corpos con vaxina”.

Por último, sentimos unha gran satisfacción e complacencia de contar coa presenza da presidenta Carmela Silva, que non tivo medo a presentar unhas xornadas respetuosas carentes do carácter de odio que nos queren atribuir e que cumplían cos requisitos de dereito democrático.

LEI TRANS. ESTUDIO FEMINISTA MULTIDISCIPLINAR

 

Lei Trans. Por qué as feministas non estamos a favor do borrador do proxecto de lei trans?. Alguén se parou a reflexionar  sobre as consecuencias  que para as mulleres teñen e terán  as leis identitarias?   A  Alianza contra o borrado das mulleres elaborou un necesario estudio multidisciplinar da lei trans .  

” O borrador da lei contra a discriminación LGTBI debería ter como obxecto combater a discriminación sufrida por todos os colectivos incluidos nestas siglas, pero realmente  o corazón da norma é o establecemento do “dereito á autodeterminación das persoas en todos os ámetos da vida” .

Porqué o Ministerio confunde xénero con sexo? A quen beneficia esa confusión.  A quen beneficia que se impoña o xénero?

 Queres seguir esta ánalise por youtube?